Proxecto Emprégate

Cáritas presenta o proxecto “Emprégate”, iniciativa que fomenta o autoemprego.

QUE É “EMPRÉGATE”?

É un proxecto xurdido no ano 2013, dentro do Programa de Emprego de Cáritas Diocesana de Lugo, cuxo obxectivo é:

  • Formular o autoemprego como unha saída laboral ante a dificultade de acceso ó mercado de traballo en calidade de asalariado/a
  • Promover e apoiar iniciativas de autoemprego.

QUEN PODE PARTICIPAR?

  • Persoas desempregadas con dificultades de incorporación ó traballo asalariado: Mulleres – Inmigrantes – Mozos/as – Desempregados/as de longa duración.
  • Que decidan crear o seu propio traballo e teñan unha idea de negocio viable.

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO

1.- INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE EMPREGO
As persoas interesadas en participar no proxecto deberán ser previamente atendidas polo Programa de Emprego, cuxos técnicos lles facilitarán información detallada sobre o proxecto.
2.- CREACIÓN COMISIÓN DE EXPERTOS
Constituirase un equipo de traballo integrado por técnicos do Programa de Emprego, representantes da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo e da Asociación de Xóvenes Empresarios de Lugo, os cales asinarán un convenio de colaboración, cuxo obxecto será valorar e seleccionar as propostas de autoemprego presentadas, apoiar ás persoas emprendedoras ó longo de todo o proceso e sensibilizar e implicar á comunidade.
Participarán tamén no Comité de Expertos outros profesionais coñecedores da realidade empresarial actual.
3.- XORNADAS DE AUTOEMPREGO: POR QUE NON…?
Trátase dun espazo informativo onde motivar e incentivar o espírito emprendedor das personas interesadas no proxecto.
As primeiras xornadas desenvolveranse os días 1 e 2 de Abril 2013 nos locais de Cáritas Diocesana de Lugo.
4.- FORMACIÓN ESPECÍFICA
Os futuros emprendedores recibirán formación específica sobre realización do Plan de Empresa; trámites de constitución de empresas e ferramentas de xestión.
5.- VALORACIÓN VIABILIDADE PROXECTOS
A comisión de expertos estudiará os proxectos presentados polos participantes na formación, e decidirá aqueles que poidan ser viables e susceptibles de concesión de microcréditos para, posteriormente, levar a cabo a constitución dos negocios.
6.- ACOMPAÑAMENTO E SEGUIMENTO
O equipo do Programa de Emprego e os membros do Comité de Expertos acompañarán e apoiarán ás persoas participantes nos trámites de constitución do negocio e nos seus primeiros pasos.