PROXECTO BEN EMPREGADO 3!

 

BEN EMPREGADO 3: PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO E A ECONOMIA DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DA PROVINCIA DE LUGO.

PUBLICACIÓN BOP: 04/10/2016

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 05/10/2016- 20/10/2016

O Goberno da Deputación abre o prazo para que entidades e empresas da provincia poidan concorrer ó Ben Empregado 3, o programa dotado con 2,3 millóns de euros co que a Deputación sufraga os gastos laborais e salariais pola contratación de parados lucenses durante un ano. O prazo para presentar a documentación remata o vindeiro día 20, incluído. As axudas teñen unha contía máxima de 22.000 euros.

A documentación deberá ser presentada no Rexistro Xeral da Deputación ou ben en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Unha vez resolto este proceso, antes de finais de ano, publicaranse os perfís que demanda o tecido produtivo da provincia e abrirase outro novo prazo para a selección dos desempregados lucenses.

Poderán concorrer ás mesmas todas as empresas e entidades sociais da provincia, agás aquelas que se beneficiasen do Ben Empregado 1 e 2 e non contrataran finalmente ós traballadores que lles subvencionou a Deputación durante un ano.

Dentro desta programación, o organismo provincial habilitou dúas liñas de actuación. Unha dirixida a empresas lucenses, ás que a Deputación ofrece subvencionar o 50% da contratación de desempregados lucenses e o 100% no caso de que os parados sexan persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. A segunda liña de actuación está dirixida a entidades e colectivos sen ánimo de lucro. Neste caso, a Deputación subvencionará ó 100% a contratación de desempregados lucenses.

Como novidade, tamén se inclúe a posta en marcha, dende a Deputación, dun Servizo de Intermediación Laboral e sufragará o equipamento que sexa necesario para que as persoas con capacidades diferentes leven a cabo o seu traballo.

Bases do Programa Ben Empregado 3

Anexos do Programa Ben Empregado 3