OBXECTIVOS

A Asociación Profesional LyoGlobalTeam da provincia de Lugo, ten como fin primordial a incorporación e a participación activa dos emprendedores e emprendedoras na vida empresarial, profesional e representativa, tanto económica como social, ante os Organismos e as Institucións Públicas.

E ten como funcións:

a) Levar a cabo, en tódolos ámbitos, as iniciativas e accións necesarias para o recoñecemento dos dereitos das persoas autónomas en canto inciden na súa actividade empresarial, e eliminar toda diferenza cos traballadores/as por conta allea.

b) Fomentar a formación, asistencia social, profesional e promoción dos novos emprendedores/as.

c) Potenciar o espírito cooperativo, estimulando a colaboración e axuda entre as persoas socias, para a necesaria unidade en actuación e esforzos.

d) Ser portavoz  ante calquera clase de autoridades e Organismos dos problemas e aspiracións das persoas representadas en orde ós fins da Asociación.

e) Organizar conferencias, cursos, seminarios, congresos e demais actos de análoga natureza, que fomenten o estudo de temas económicos, sociais e da produción, de interese para os socios/as, que eleven o nivel de información xeral.

f) Editar revistas, boletíns e publicacións en xeral destinados á información dos socios/as e á difusión das actividades da Asociación.

g) Establecer relacións de colaboración con entidades oficiais ou privadas, nacionais e estranxeiras inspiradas en finalidades similares á Asociación.

h) A este respecto, a Asociación, previo acordo do órgano de goberno competente, poderá pertencer e solicitar o ingreso en organizacións internacionais, en relación ás disposicións en vigor.

i) Xestionar cantas propostas e iniciativas relacionadas coa súa competencia que redunden no beneficio lícito das persoas socias ou da Asociación como tal.

j) Pertencer ós grandes grupos empresariais confederados en colaboración cos fins comúns atribuídos ás organizacións profesionais en xeral e participar no seu caso nos órganos de goberno segundo as disposicións establecidas.

k) Estimular e proporcionar apoio á muller emprendedora que queira crear a súa propia empresa.

l) Fomentar o asociacionismo empresarial.

m) En xeral, promover, defender, xestionar e seguir con tódolos seus trámites, respaldar, coadxuvar en cantos asuntos se entendan da súa competencia nas funcións relacionadas ou calquera outras relacionadas con elas e cos fins primordiais da Asociación.