Ante a gran demanda por realizar o primeiro Curso de Montaxe de Drons, a Asociación Profesional Lyoglobalteam, en colaboración con 2XMIL Soluciones S.L. decidiu levar a cabo a segunda edición deste curso que se realizará nas instalacións da Asociación en Rúa das Cesteiras 9.3.1, Polígono do Ceao, Lugo.

Dito curso ten unha duración de 10 horas e impartirase entre os días 5 e 8 do mes de xuño deste ano en horario de 16:00 a 18:30 horas.

O grupo de alumnos será limitado (5 alumnos) e conformarase atendendo á data de inscrición no curso.

Para apuntarte ou para recibir máis información podes contactar connosco a través das contas de correo electrónico: asociacionlgt@gmail.com / juliotrastoy@hotmail.com ou chamando ós teléfonos 982819266 / 650204277.

Recibe un cordial saúdo.