Co programa Galicia Rural Emprende 2018 vaise complementar o labor do programa Galicia Emprende, que durante os últimos anos facilitou a aprobación de máis de 300 proxectos emprendedores, e que en 2017 contou cun orzamento de 5 millóns de euros. Con estas iniciativas contribuíuse, conxuntamente, á revitalización e á incorporación da innovación ao tecido produtivo, da man de novos empresarios, especialmente preparados e apoiados por instrumentos públicos e privados de formación, asesoramento e financiamento.

Os emprendedores poderán contar, ademais de coas axudas directas, activadas mediante o programa Galicia Rural Emprende, con financiamento a través dos préstamos directos habilitados a través da nova liña IFI Emprende e do Fondo de capital Risco Galicia Iniciativas Emprendedoras.

A Xunta de Galicia, coa nova edición deste programa, reafirma o seu compromiso de apoiar aos emprendedores e as pequenas e medianas empresas, ofrecendo un amplo abano de recursos e instrumentos que melloren as posibilidades de éxito dos seus proxectos e a súa consolidación no mercado. Ao mesmo tempo, contribúese así a fixar poboación nas zonas rurais e aumentar as oportunidades dos seus habitantes no eido laboral.

Accede ó documento completo pinchando aquí