FORMACIÓN CONTINUA

Que é a formación continua?

É un proceso de ensino-aprendizaxe activo e permanente ó que teñen dereito e obriga os profesionais, que comeza ó rematar os estudos de pregrao ou de especialización e que está destinado a actualizar e mellorar os coñecementos, habilidades e actitudes dos profesionais ante a evolución científica e tecnolóxica e as demandas e necesidades, tanto sociais como do propio sistema.

Son obxectivos da Formación Continuada:

  1. Garantir a actualización dos coñecementos dos profesionais e a permanente mellora da súa cualificación, así como incentivalos no seu traballo diario e incrementar a súa motivación profesional.
  2. Potenciar a capacidade dos profesionais para efectuar unha valoración equilibrada do uso dos recursos en relación co beneficio individual, social e colectivo que de tal uso poida derivarse.
  3. Xeralizar o coñecemento, por parte dos profesionais, dos aspectos científicos, técnicos, éticos, legais, sociais e económicos do sistema.
  4. Mellorar nos propios profesionais a percepción do seu papel social, como axentes individuais nun sistema xeral e das esixencias éticas que iso comporta.
  5. Posibilitar o establecemento de instrumentos de comunicación entre os profesionais.

http://www.2xmil.es/