FORMACIÓN BONIFICADA

Que é a formación bonificada?

Recuperar a achega á Seguridade Social para investir na empresa.

O sistema de Formación Bonificada, que se rexe polo Real Decreto 395/2007 e pola Lei 30/2015, de 9 Setembro, permite ós empresarios dispor de parte do diñeiro aportado á Seguridade Social ó longo do ano anterior para investilo en formación no ano en curso. Este novo modelo adáptase perfectamente á realidade empresarial e permite ó empresario decidir, en base ás súas necesidades, a formación a impartir ós seus traballadores.

Que cantidade de diñeiro ten a empresa dispoñible?

As empresas dispón dunha cantidade de diñeiro, chamado crédito de formación para os traballadores, cuxo importe resulta de aplicar unha porcentaxe á contía aportada á Seguridade Social o ano anterior en concepto de cota de formación profesional. As empresas de 1 a 5 traballadores teñen garantido un crédito mínimo de 420 €. Ó resto de empresas adxudícaselles unha porcentaxe de bonificación sobre a súa cota de formación profesional, sendo esta maior canto menor sexa o tamaño da empresa, segundo a seguinte táboa de % de bonificación da cota á Seguridade Social en concepto de Formación Profesional:

Por exemplo, unha empresa con 15 empregados situarase en torno a 1.000 € anuais de crédito, unha de 25 traballadores, 2.200 €.
100 % 6 A 9
75 % 10 A 49
60 % 50 A 249
50 % >250

Se non se fai uso deste fondo, a empresa pérdeo.

Hai que ter en conta que o crédito é anual, é dicir, renóvase ano a ano segundo a achega á Seguridade Social do ano anterior. As empresas de menos de 50 traballadores poden comunicar, dentro dos primeiros meses de cada ano, a súa vontade de reservar o crédito do exercicio en curso para acumulalo ata o crédito dos dous exercicios seguintes. Se non se fai uso deste fondo nos últimos dous exercicios mencionados, a empresa pérdeo.

Sen cofinanciación privada para menos de 10 empregados.

Nas empresas de menos de 5 asalariados non é necesario que a empresa participe economicamente na formación. En empresas máis grandes requírese unha achega privada segundo as porcentaxes mínimas que, sobre o custo total da formación, se establezan mediante Orde do Ministerio de Traballo. De tódolos xeitos, esta cofinanciación non ten porque supor ningún desembolso por parte da empresa, xa que as horas laborais dedicadas polos empregados á formación teñen a consideración de cofinanciación por parte da empresa, sendo suficiente, para xustificar esta achega privada, a presentación dun documento no que se indique que os empregados recibiron determinadas horas de formación en xornada laboral.

http://www.2xmil.es/