A Asociación LGT organizou máis de 20 talleres para dar servizo a un total de 300 persoas desempregadas.

Mellorar a autoestima, aumentar a autonomía ou incrementar as posibilidades de acceder ó mercado laboral, son algúns dos obxectivos destes cursos que se puxeron en marcha nos últimos anos.

Os cursos foron completamente de valde e contaban con 15 prazas por curso.

Os contidos dos cursos e dos talleres están dirixidos fundamentalmente a persoas desempregadas nos que se imparten dende  novas tecnoloxías e Internet, creación de blogs e manexo das redes sociais, ata habilidades persoais e xeración de autoemprego, como unha das posibles saídas laborais.

Noutra parte dos cursos trataríanse tamén, tanto a xestión de tarefas domésticas entre homes e mulleres, como a alfabetización e cultura entre as mulleres inmigrantes.