A importancia das actividades artesanais en Galicia reside non soamente nun plano social ou cultural, co que se acostuma identificar, se non que constitúen actividades con capacidade de xeración de emprego e riqueza desde o punto de vista económico. Abranguen, ademais, unha longa listaxe de oficios que se traduce nunha oferta produtiva moi diversificada que pode responder de xeito eficaz ás esixentes demandas do mercado actual.

A Consellería de Economía, Empleo e Industria, consciente da importancia social, cultural, patrimonial e económica da artesanía galega, tenta impulsar, mellorar e facer máis competitivo o sector artesanal para conseguir que sexa sostible no tempo a través da exploración de mercados, tanto nacionais como internacionais, da apertura a clientes potenciais e á promoción das feiras sectoriais e de novas canles de comercialización que a potencien e fortalezcan.

Se queres acceder a toda a información pincha aquí.