Estes programas tratan de dar un enfoque global ás liñas de fomento do emprego público ou institucional, desde a dobre perspectiva de servir de ferramenta para a mellora da empregabilidade, a través da adquisición de experiencia profesional das persoas traballadoras desempregadas que participen en elles, e de dinamización e xeración de novas actividades no medio local e rural.

Con esta finalidade aplícase a presente convocatoria de subvencións como instrumento a través do que se ofrece ós demandantes de emprego unha oportunidade para adquirir unha  experiencia laboral mínima que poda permitir a súa futura inserción no mercado de traballo, canalizando a práctica laboral adquirida cara ocupacións que faciliten unha maior estabilidade no emprego.

Se queres acceder á documentación desta axuda pincha aquí.