A Asociación Profesional Lyoglobalteam e 2XMIL Soluciones organizan un Curso de Montaxe de Drons nas instalacións que teñen na Rúa das Cesteiras 9.3.1, Polígono Industrial do Ceao.

Dito curso é de balde e ten unha duración de 10 horas.

As datas de impartición serán o 15, 16, 18 e 19 de maio de 16:00 a 18:30 horas.

O grupo de alumnos será limitado e conformarase atendendo á data de inscripción no curso.

Para apuntarte ou para recibir máis información podes contactar connosco a través das contas de correo electrónico: asociacionlgt@gmail.com / juliotrastoy@hotmail.com ou chamando ós teléfonos 982819266 / 650204277.

Recibe un cordial saúdo.