A Asociación Profesional Lyoglobalteam en colaboración coa empresa 2XMIL Soluciones organizan un Curso de Internet para Adultos nas instalacións que teñen en Rúa das Cesteiras 9.3.1, Polígono Industrial do Ceao.

Dito curso é de balde e ten unha duración dunhas 8 horas.

As datas de impartición serán do 25 ó 29 de setembro en horario de 11:00 a 12:30 horas.

O grupo de alumnos será limitado e conformarase atendendo á data de inscrición no curso.

Para apuntarte ou para recibir máis información podes contactar con nós a través da conta de correo electrónico nsantos@aceal.org ou nos teléfonos 982819266 / 659430834.

Recibe un cordial saúdo.