(con)trato feito!

O Concello de Lugo apostou polo máis importante que temos no noso municipio, as persoas, e esa é a razón pola que quixo estar a carón dos 6.926 veciños que sofren a lacra do desemprego.

Por iso impulsa (con)trato feito!o primeiro plan de emprego cento por cento municipal do Concello de Lugo. Este plan está dotado con máis dun millón de euros, que están destinados a facilitar a creación de emprego e a consolidación das empresas da nosa cidade.

Deste xeito, o Concello concederemos unha liña de axudas para contratar a veciños e veciñas do noso municipio que se atopen en situación de desemprego e coas que tamén queren atraer outros proxectos para fortalecer o noso tecido industrial.

Se estás desempregada/o, tes unha PEME, unha asociación ou es autónomo en Lugo infórmate na web www.lugo.gal ou no teléfono do Concello 010.

O prazo de presentación de solicitudes é do 24 de setembro ao 13 de outubro de 2016 (ámbolos dous incluídos).

O teu futuro está en Lugo!

Bases do Plan de Emprego (con)trato feito!

Solicitude de Axuda (Anexo I)