A Xunta de Galicia continúa a desenvolver un conxunto integral de medidas activas de emprego dirixidas á xeración de novos postos de traballo e ó fomento da iniciativa emprendedora.

En concreto, a Consellería de Economía, Empleo e Industria, no marco das políticas activas de emprego, xestiona os programas de apoio ós emprendedores e á economía social, xa que o autoemprego estase amosando como unha fórmula eficaz para a incorporación ou a reincorporación ó mercado de traballo das persoas desempregadas. O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación ten por finalidade apoiar ás persoas emprendedoras que, constituíndo pequenas empresas, actúan como axentes dinamizadores da economía e do emprego en Galicia, especialmente aquelas empresas que se implantan nos territorios rurais e, á súa vez, xeren emprego para as mulleres en desemprego, as persoas discapacitadas e as persoas en risco de exclusión social.

Accede ó documento da axuda pinchando aquí.