Un dos obxectivos da Xunta de Galicia é o de tratar de conseguir maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de cohesión no territorio. Para iso cómpre adoptar políticas que promovan un modelo de desenvolvemento económico que favoreza a capacidade creativa e emprendedora da sociedade galega, como fonte de riqueza e como elemento esencial para o crecemento, a competitividade e a modernización do tecido produtivo galego.

A realidade socioeconómica pon de relieve que non so é importante dinamizar e tratar de que se cre o maior número de empresas posible senón tamén deseñar os mecanismos necesarios para que as empresas creadas podan sobrevivir, crecer e ampliar os seus mercados. Estas empresas son vitais para unha recuperación do emprego e esta debe ser unha prioridade fundamental.

Accede a toda a documentación pinchando aquí.