ASOCIACIÓN

O cometido desta Asociación é prestar servizo ós seus asociados/as e facer todo canto estea na súa man para mellorar a competitividade das empresas e a dinamización da zona.

A Asociación foi creada coa intención de unificar a voz dos empresarios/as. Para conseguilo entendemos que compre traballar cuns obxectivos moi claros. Desde a Asociación temos en mente desenvolver, a longo prazo, o Polígono Industrial do Ceao en Lugo, e para iso esta Asociación está dotada dun grupo humano cualificado e con capacidade de innovar, creando e potenciando un valor engadido tanxible e palpable por parte das institucións e empresarios.

O obxectivo é conseguir dinamizar a economía da contorna, formando ós empregados/as presentes e futuros, fomentando o emprego, facilitando ás empresas tódalas ferramentas ó seu alcance en canto a subvencións e axudas, e establecendo as condicións necesarias para o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais vinculadas á innovación e á competitividade entre outras moitas accións que se levan a cabo.