SERVIZOS

  • Apoio nos proxectos técnicos a persoas emprendedoras e socios/as.
  • Asesoramento integral na idea e no plan de empresa.
  • Asesoramento e xestión de subvencións e trámites coas administracións.
  • Convenios con entidades bancarias socios/as e persoas emprendedoras.
  • Convenios, ofertas e acordos entre socios/as para a optimización das empresas. (Convenios entre persoas socias).
  • Busca de convenios con entidades e empresas de interese para a captación de clientes para as empresas, de xeito individualizado.
  • Instalacións no CEI-NODUS, aulas, salón de actos, sala de xuntas, etc., a disposición dos empresarios/as e persoas emprendedoras, previa autorización da actividade.
  • Apoio para os socios/as na difusión en medios actividades propias. Campañas a través das redes sociais.
  • Cursos de formación para desempregados/as, Xornadas formativas para socios, Coaching, Novas Tecnoloxías, Redes Sociais, Comercio.
  • Plataforma de formación Online.
  • Formación emprendimento responsable: Cursos sobre plans de empresa e deseña o teu propio negocio.
  • Creación das Redes Sociais, Consultoría, Marketing Dixital para persoas emprendedoras e socios/as.
  • Formación para a creación de perfís profesionais nas principais Redes Sociais.
  • Intermediación laboral e bolsa de emprego para a contratación de persoal para as súas empresas.
  • Organización de Xornadas entre socios/as, empresarios/as, persoas emprendedoras e calquera outra persoa interesada en crear o seu propio negocio.

Ofrecemos servizos de asesoramento, apoio, acompañamento e consulta para emprendedores de todos os sectores. Axudámosche a emprender o teu propio negocio, independentemente do tipo de sector ó que pertenzas.

Traballamos para asesorar ó emprendedor ó longo de tóda-las fases de creación da súa empresa, prestando de forma gratuíta os servizos de:

  • Información personalizada sobre os trámites de constitución
  • Información sobre axudas e subvencións
  • Apoio na xestión dos trámites a realizar